jueves, 18 de noviembre de 2010

O Magosto




O Magosto prepárase con certa antelación, deséxase unha tarde soleada, os grupos pónense de acordo para coñecer ó que aportará cadaquén fundamentalmente castañas e viño novo (aínda que nalgúns lugares complétano con: chourizos, churrasco,...).
    Acéndese o lume, inicalmente produce moito fume, pero logo a fogueira aumentará de volume e todos se achegan enfeitizados polo seu embruxo. 
Picaremos as castañas para que despois non rebenten no lume.
 Cando o lume se apague por sí só, amorearemos as brasas, poñeremos unha parrilla e nela unha lata con buratos na que iremos colocando as castañas xa picadas. Darémolle voltas cun pau longo de madeira ata que estén no seu punto, ben asadas pero non totalmente torradas.
Mentras esto se vai facendo , os demáis participantes preparan o sitio onde comelas e fan cucuruchos con papel para poder levalas.
A festa non sería tal sen contar con xogos populares, bailar, contar contos, cantar,...
É común tiznarse a cara uns ós outros cos restos da fogata e saltala para que dea boa sorte.
E ti?..., sabes algo máis sobre o Magosto ou as castañas?

2 comentarios:

  1. Diego. voi a hablar sobre las castañas, estan muy buenas, en nuestro cole jugamos con las castañas y tambien las asaron, y las comimos en el patio, las personas que non tubieran carton les daban un cucurucho y hai les ponian las castañas. El año pasado las profesoras se manchaban las manos con carbon y intentaban mancharnos la cara y nos escapabamos.

    ResponderEliminar
  2. Jugamos a los bolos,tambien a carreras, tambien a meter las castañas en un baso. Asaron las castañas y las comimos en el patio y los niños y las niñas que no tubieran carton le daban un cucurucho y hai les ponian las castañas. El año pasado las profesoras nos inentaban manchar la cara de arbon.

    ResponderEliminar