viernes, 22 de junio de 2012

LIP DUB do Galán



DÍA MÁXICO


Deica logo rapaces!! 


Hoxe foi un día emocionante. Un día máxico e inesquecible para todos. O último día de dous anos moi especiais nos que vivimos moitas aventuras xuntos. 
Hoxe, aínda que levábamos a mochila baleira, tiñamos a nosa cabeza chea de recordos e lembranzas, como cando fomos a coller crebas á praia ou cando soltamos pombas baixo a chuvia, a excursión a Santiago, os concertos, as visitas a museos, os contos de medo do Samaín, as castañas do Magosto, os festivais. Pero sobre todo, as charlas con Pili, os xogos no pavillón, as vosas ocorrencias, os partidos do recreo, os exames aprobados, a satisfacción do traballo ben feito, as risas,... as lágrimas non chegaron ata o último día, e iso é un síntoma de que fixemos un gran traballo xuntos. 


Eu hoxe comezo as vacacións tamén coa cabeza chea de cousas do que aprendemos xuntos e co corazón mais cheo aínda polo cariño que me levo de vós nestes dous anos. 


Moitas grazas e lembrade que non vos ides librar de min tan fácilmente.


Felices vacacións e ata o ano que ven.

jueves, 7 de junio de 2012

FACEMOS UN LIP DUB?

Lip Dub "Dobraxe de labios" é un vídeo musical feito por un grupo de persoas facendo "playback" feito nunha toma. No caso dos coles adoita facerse un percorrido polas clases onde todos os alumnos participan cun baile sincronizado. Coma exemplo temos este excelente Lip Dub do colexio de Cuntis.


A nos tocounos a canción  de Mediterráneo de "Los rebeldes", a idea é a de que esteamos todos con roupa de inverno (bufandas e gorros) que a quitemos (só as bufandas e gorros) e que bailemos e cantemos ao son da música.


lunes, 14 de mayo de 2012

AS LETRAS GALEGAS

O 17 DE MAIO CELÉBRASE A FESTA DAS LETRAS GALEGAS. ESTE ANO ESTÁ ADICADO A VALENTÍN PAZ ANDRADE. CLICA NO SEGUNDO CICLO DAS ACTIVIDADES EN LIÑA.