miércoles, 24 de noviembre de 2010

O respecto polos maiores

Don Rufo paseaba paseniño polo parque  nunha tarde de domingo, cando de súpeto, un rapaz adiantouno coma unha centella e abriu a cancela. Para que cres que o adiantou? Que cres que lle dixo o rapaz a Don Rufo? Como acabará esta historia? Que farás ti cando te atopes nesta situación?

O libro de Coñecemento


Podes facer actividades on-line do noso método de estudio, só tes que poñer o código seguinte:116620






Fai clic na imaxe e chegarás á páxina de SM, rexístrate coma usuario poñendo
a seguinte dirección: alumnadogalan@gmail.com
e coma contrasinal a seguinte: invitado.

jueves, 18 de noviembre de 2010

O Magosto




O Magosto prepárase con certa antelación, deséxase unha tarde soleada, os grupos pónense de acordo para coñecer ó que aportará cadaquén fundamentalmente castañas e viño novo (aínda que nalgúns lugares complétano con: chourizos, churrasco,...).
    Acéndese o lume, inicalmente produce moito fume, pero logo a fogueira aumentará de volume e todos se achegan enfeitizados polo seu embruxo. 
Picaremos as castañas para que despois non rebenten no lume.
 Cando o lume se apague por sí só, amorearemos as brasas, poñeremos unha parrilla e nela unha lata con buratos na que iremos colocando as castañas xa picadas. Darémolle voltas cun pau longo de madeira ata que estén no seu punto, ben asadas pero non totalmente torradas.
Mentras esto se vai facendo , os demáis participantes preparan o sitio onde comelas e fan cucuruchos con papel para poder levalas.
A festa non sería tal sen contar con xogos populares, bailar, contar contos, cantar,...
É común tiznarse a cara uns ós outros cos restos da fogata e saltala para que dea boa sorte.
E ti?..., sabes algo máis sobre o Magosto ou as castañas?

viernes, 12 de noviembre de 2010

Cool kids website


Ésta é páxina web do noso método de Inglés. Aquí podes xogar e practicar todo o que aprendiches na clase.